Loading...
Eles xa subiron as súas propostas a #Codigo100

E ti?

Precisamos das túas ideas para poder contruir un novo modelo onde ti sexas o protagonista. Cómo che gustaría ser formado?

É moi sinxelo
Sube as túas propostas a Código100

Isto permitirá optimizar e aproveitar ao máximo, a través de ferramentas innovadoras, a experiencia e o coñecemento adquiridos polos profesionais no desempeño das súas funcións. A liña aposta por unha organización intelixente e sólida baseada na calidade, o talento e a cohesión do seu equipo humano.

Coñeces as historias

Temos unha oportunidade para transformar o noso modelo de adquisición de coñecemento. CÓDIGO 100 é un proxecto que permitirá, nos próximos anos, construír o que ti precisas, pero antes... necesitamos a túa axuda: COMPARTE A TÚA IDEA, propostas de novas formas de xestionar a formación e o coñecemento. Lorena, Eva, Óscar, Javier... xa compartiron as súas propostas. Queres coñecelas?

Código 100.

Iniciativas que incrementen as competencias dos profesionais, modernicen o sistema e fomenten unha cultura innovadora.

Galicia presenta unha tendencia ao envellecemento da poboación maior que outras rexións españolas e europeas, así como un crecemento demográfico negativo. A cifra actual de poboación con 65 ou mais anos representa un 23% da poboación total galega nun contexto no que a esperanza de vida cada vez é mais alta. As estimacións do INE para o ano 2020 sitúa a este grupo de poboación nun 24,5%. Os retos sanitarios aos que se enfronta Galicia obrígannos a actuar de forma rápida. O envellecemento e a vida saudable pasaron dunha necesidade futura a realidade perentoria.
Codigo100 adiántase ao futuro, imaxinando, transformando e implementando novos códigos de innovación dirixidos a unha poboación envellecida co ánimo de converter a Galicia nunha rexión de referencia en innovación en envellecemento activo. Unha rexión onde se poida vivir con calidade 100 anos e onde se innova para alcanzar este fin. Lonxe de buscar impactos puntuais a través de proxectos illados, o gran valor do plan reside en promover un modelo de innovación centrado nun reto común e capaz de integrar a todos os membros do sistema, desde os profesionais sanitarios aos pacientes.
Os procedementos de compra pública innovadora, terán un papel fundamental, e axudarannos a seguir construíndo un sistema sanitario capacitado para para liderar o envellecemento activo e saudable. Este plan conta cun orzamento de 13 millóns de co-financiados por fondos do Plan Operativo de Crecemento Intelixente FEDER 2014-2020. Dispoñemos dunha ferramenta que permitirá optimizar e aproveitar ao máximo, a través de tecnoloxías innovadoras, a experiencia e o coñecemento adquiridos polos profesionais no desempeño das súas funcións. A liña aposta por unha organización intelixente e sólida baseada na calidade, o talento e a cohesión do seu equipo humano.
Estamos en
Axencia de Coñecemento en Saúde - ACIS Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37. Edificio CNL. Portal A-B. 1º andar. San Lázaro, CP 15707, Santiago de Compostela. A Coruña
Escríbenos a
 Anterior  Todas as historias Seguinte